La clave secreta del Universo


Lin este libro e gustoume moito eu convídovos a que o leades, é divertido e emocionante ; nós xa o limos e gustounos moito ímolo volver a ler no verán xa que engancha moito.

A Costa Galega

O alumnado de sexto fixo un estudo da costa galega coa intención de coñecer como inflúe o mar nas zonas costeiras e elaborou esta presentación. Noraboa!

De viaje por el mar

O alumnado de terceiro ciclo quere compartir con todos e todas vós esta presentación que elaborou sobre os medios de transporte por mar.

Visita ao Aquarium Finisterrae

O alumnado de terceiro ciclo, dentro do Proxecto "O mar", visitou o Aquarium Finisterrae para coñecer máis de cerca a fauna mariña.

A Mar de entroido

A mar chega a Sigüeiro, e non precisamente a través do río Tambre, que discorre maxestuoso sen parar...


Febreiro, mes da poesía

Neste mes da poesía, Nica pon a disposición de todos e todas vós a exposición "La mar de amor". Recolleu na biblioteca unha serie de poemas que vos invita a lelos e, se vos gustan, levádeos xunto cos bombóns que os acompañan.




Tamén quere que vos convirtades en poetas do mar e que escribades os vosos poemas e que os coloquedes tamén na exposición. Ánimo! Espera por eles!




ABCdario dos peixes

O alumando de terceiro ciclo recolleu información en enciclopedias, guías de peixes, wikipedia.... e elborou este abecedario de peixes. Disfrútao:

Visita ao Aquarium Finisterrae

O alumnado de terceiro ciclo visita o Aquarium Finisterrae.


Posteriromente, nas aulas, elaboran este abecedario de peixes.




Retratos de Jim, Billy, Livessey...

Despois de ler "La isla del tesoro de Robert Stevenson, o alumnado de terceiro iclo preséntanos os personaxes máis destacados tal e como eles os viron.



La isla del tesoro

E continuando a nosa singladura chegamos a "Illa do Tesouro" seguindo o mapa que Robert Louis Stevenson trazou para que a tripulación da Hispaniola lograra o seu obxectivo : un gran cofre cheo de moedas de ouro e alfaias. Para que vós non vos perdades no medio do Océano e non naveguedes contracorrente aí vai un pequeno "dicionario" coas palabras máis representativas deste gran libro que teñen relación co mar. Sentádevos na cuberta da goleta e zarpade polas súas páxinas! (Xa vedes que animados estivemos nós que os houbo que parecéndolles pouco o libro de Lorenzo Silva, se atreveron coa versión completa da editorial Anaya e, hainos que o reservan para o verán).


  • Amarra: corda para asegurar unha embarcación cando se ancora.

  • Amarrar: suxeitar unha embarcación nun porto ou nun fondeadoiro.

  • Áncora: obxecto feito de ferro con forma de anzol que prendido dunha cadea bótase ao mar pra que a embarcación quede suxeita ao fondo.

  • Arriar: baixar unha vela nun navio que a tiña izada. Afrouxar ou soltar un cabo , unha cadea, ou unha amarra.